Vense de publicar a Convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2026/27. As principais datas a ter en conta para a preinscrición e matrícula poden consultarse no apartado Calendario de matrícula.
As persoas interesadas deben realizar preinscrición previa (primeiro prazo do 22 de xuño ao 6 de xullo). Establécese un prazo de preinscrición específico para alumnado estranxeiro, con titulación de acceso de países de fóra do EEES, entre o 11 de marzo e o 8 de abril.
Proximamente se publicará o calendario de docencia e os horarios. As clases serán en mércores, xoves e venres, en promedio dúas tardes semanais. No segundo cuadrimestre tamén haberá algunhas clases de materias optativas en luns.
No curso 2025/2026 o importe da matrícula do curso completo foi de 650 €. Está pendente a publicación dos prezos públicos para o curso 2026/2027.
O procedemento e criterios de admisión pódense consultar no apartado correspondente da web.
